A obra arquitectónica de San Miguel de Celanova tiña unha función relixiosa principalmente, aínda que hai dúbidas á hora de entrar máis en detalles. Hai teorías que afirman que servía como albergue para os peregrinos, outras din que servían dun hospitiolium destinado a servir aos monxes que estiveran de paso pola zona, aínda que a teoría máis aceptada é a de que fose un pequeno oratorio. Foi levantado cara o século X por San Rosendo en honra ao seu irmán Froila e dedicado ao Arcanxo San Gabriel. Non obstante, non sabemos que autories participaron na construción do edificio. É o mellor exemplo da arte mozárabe na Galicia do século X, polo que se engloba dentro do conxunto da arte románica, que inclúe ao pasado romano e bizantino, o gusto polo ornamental dos visigodos e dos pobos bárbaros e a asimilación de elementos da arte árabe. Despois de que os pobos bárbaros sobrepasen os lindes romanos, produciráse no Imperio unha fractura non só na política, senón que tamén unidade artís
Iago Pereira López