Ir al contenido principal

San Miguel de Celanova



    A obra arquitectónica de San Miguel de Celanova tiña unha función relixiosa principalmente, aínda que hai dúbidas á hora de entrar máis en detalles. Hai teorías que afirman que servía como albergue para os peregrinos, outras din que servían dun hospitiolium destinado a servir aos monxes que estiveran de paso pola zona, aínda que a teoría máis aceptada é a de que fose un pequeno oratorio. Foi levantado cara o século X por San Rosendo en honra ao seu irmán Froila e dedicado ao Arcanxo San Gabriel. Non obstante, non sabemos que autories participaron na construción do edificio. É o mellor exemplo da arte mozárabe na Galicia do século X, polo que se engloba dentro do conxunto da arte románica, que inclúe ao pasado romano e bizantino, o gusto polo ornamental dos visigodos e dos pobos bárbaros e a asimilación de elementos da arte árabe.

    Despois de que os pobos bárbaros sobrepasen os lindes romanos, produciráse no Imperio unha fractura non só na política, senón que tamén unidade artística. Até o século XI, cando se inicia a arte románica, a primeira arte universal, non haberá unidade pola rexionalización da arte, de xeito que a riqueza dos estilos que se desenvolven en toda Europa Occidental agrúpase baixo a denominación da arte prerrománica.

    Tras a caída do reino visigodo, a maior parte da poboación estará no territorio árabe, pero seguirán conservando a súa relixión e costumes. Estes cristiáns, que serán influenciados pola convivencia e a cultura islámica serán coñecidos como os mozárabes. Dende o século IX, os monarcas cristiáns organizarán as presuras, que eran uns documentos nos que os reis autorizaban a establecerse nun territorio que pasaba á propiedade de quen o ocupase e o explotase. Os mozárabes desprazaránse cara as zonas reconquistadas dos territorios do norte do Douro, e neste momento confecciónase a arte de repoboación, que presenta claras influencias califais. Estes mozárabes chegarán a Galicia pola calma que aquí se vivía.


    En canto a análise do edificio, está construído en magnífica sillería de pedra e granito de gran calidade. Non presenta a típica planta basilical, xa que os espazos están moi compartimentalizados e illados entre si. Ao entrar no edificio, rómpese a habitual visión focalizada nun punto de fuga xa que a entrada ao edificio realízase por unha porta alintelada no lado sur. Non presenta compartimentos laterais e conta con tres habitáculos delimitados por arcos de ferradura cunha frecha moi afogada e enmarcados nun alfiz de xeso. A primeira nave é o vestíbulo, seguido dun corpo principal cadrado que, pola altura do ciborio, actúa como un cruceiro, e a ábsida, cadrada ao exterior e en ferradura no interior.


    Presenta certa harmonía en canto a gradación de volumes que da sensación de ritmo á obra pola altura do cruceiro comparada coas naves secundarias. Esta xerarquización tamén está presente no ancho das naves, e tamén se verá nos tellados. Accédese polo lado sur atravesando a porta alintelada sobre a que se sitúa a inscrición e a dedicación.

    O que confire a esta pequena capela ou oratorio unha importancia espacial no estudo da arquitectura mozárabe é o feito de que na cobertura de cada un dos tres corpos, todos abovedados, utilizáronse sistemas diferentes, o que a convirte nun auténtico muestrario dos métodos de abovedamento utilizados nesa época. A cámara principal se cubre cunha bóveda de aresta feita en ladrillo, sostida por arcos peraltados que parten dunhas ménsulas que presentan uns canzorros ou rolos, elevando o suficinte a estrutura como para que se poidan abrir unhas pequenas fiestras a modo de arcos de ferradura peraltados abucinados que proporcionan unha excelente e clara iluminación a todo o interior da estrutura. A bóveda do vestíbulo é de canón e en forma de ferradura apoiada nunha moldura de arranque. A ábside está cuberta por unha bóveda gaionada de oito plementos, que fai que no interior teña unha forma de ferradura moi fechada, pero no exterior teña forma cadrada.

    A comunicación destas naves realízase mediante dous arcos de ferradura, dobrado o primeiro e enmarcado nun alfiz o segundo. O arco da ábisde presenta un mellor coidado e de xeito pódese apreciar minimamente, pola disposición das dovelas, como estaría distribuída a policromía.

    
    A iluminación ven dada por seis pequenas fiestras en forma de arcos de ferradura peraltado e abucinados distribuídas pola ábside, no vestíbulo e as catro restantes na ciborio. Este está composto por un teitume  a catro augas que termina nun gran aleiro de losas de granito soportados polos modillóns de rolos, elemento típico mozárabe. Estes modillóns están situados entre campos cadrados, recordando aos triglifos e as metopas da orde dórica grega. As caras laterais dos canzorros estaban labradas con rosetas e corpos helicoidais, e cabe destacar a presenza dunha figura antropomórfica, aínda que posiblemente foi engadida posteriormente. As outras naves non contan con outros modillóns xa que os teitumes son á duas augas, polo que rematan en cornixas apoiadas sobre dentes de serra.


    O resultado final co que se conclúe tras analizar San Miguel de Celanova é que pódese ver a fiable relación entre a arte visioda e o seu sucesor, a arte mozárabe. É un homenaxe ao ecleticismo, que permitiu aos seus autores utilizar diferentes técnicas e criterios artísticos sen limitarse a unha serie de normas prefixadas, dando lugar a unha obra moi creativa pola liberdade de creación dos autores. Os contrafortes asturianos que supoñen unha prolongación dos arcos interiores mestúranse coa sensibilidade no interior, dende a decoración das bóvedas e os arcos de ferradura, até a procura dun perfecto estudo da iluminación interior, dando unha gran sensación de profundidade e amplitude a un espazo de reducidas dimensions que impresiona pola proporción e a harmonía.










Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices años 20

El concepto de los Felices Años 20 nace en los Estados Unidos de América entre 1920 y 1929 gracias al período de prosperidad económica, después de convertirse en la printipal potencia mundial al haber quedado los países europeos muy debilitados después de la Primera Guerra Mundial. Este periódo favoreció a la sociedad, pero ocultaba el gran desequilibrio que se estaba viviendo.  Los países no pudieron transformar la economía de guerra en una economía de mercado, dificultando así la recuperación del comercio y la hiperinflacción empezó a aparecer en muchas economías. No obstante, para proporcionar alguna solución, se llevó a cabo la Conferencia de Génova, en la que se estableció el oro como un valor refugio seguro y se estableció el dólar como moneda de referencia de los intercambios internacionales. Este último factor favoreció al ascenso de los EEUU a la cabeza de las potencias mundiales. En la agricultura se empezó a usar técnicas descubiertas gracias a la Segunda Revolución Indu...

Metopas del Partenón

  CATALOGACIÓN     Reconocimiento de la obra: grupos escultóricos en alto relieves de carácter figurativo perteneciente a las metopas del Partenón. Son un total de 92 metopas que decoraban el friso, la parte mas relevante del entablamento dórico. Estaban representados en mármol y policromadas.     Autoría: son obra de Fidias y de los trabajadores de su taller. La muerte de Pericles hizo que cayera la carrera del artista, que después de ser falsamente acusado por quedarse con el oro de la estatua de Atenea, fue castigado acusado de impiedad por haber puesto su retrato en la escultura. Se exilió en Olimpia, y allí creo la escultura crisoelefantina de Zeus.     Estilo y datación: pertenece al periodo clásico del arte griego de los siglos V y IV a.C. entre el fin de las guerras médicas y la muerte de Alejandro Magno. Coincide con el siglo V a.C. con el gobierno de Pericles, quien encargó la reconstrucción y embellecemento de todo el téme...

Mito de Coyolxauhqui y la batalla contra Huitzilopochtli.

    Uno de los hallazgos más importantes de la cultura azteca o mexica, es el descubrimiento de un gran monolito de más de tres metros de diámetro conocido como “Monolito de Coyolxauhqui”. Esta obra escultórica, encontrada a finales del siglo pasado, muestra una representación de la diosa Coyolxauhqui descuartizada, con las extremidades superiores e inferiores, además de la cabeza, separadas del torso, y acompañada de una serie de símbolos asociados con esta divinidad. Imagen tomada de NeoMexicanismos.      El origen de esta representación cruel se remonta al nacimiento del dios Huitzilopochtli. Coatlicue, diosa de la fertilidad y madre de estos   dos dioses protagonistas del mito de la muerte de Coyolxauhqui (otras tradiciones apuntan a que Omecíhuatl y Ometecuhtli fueron los padres de Huitzilopochtli), y de los Centzon Huitznáhuac o cuatrocientos surianos.      El mito consiste en el embarazo de la diosa madre Coatlicue, quien se e...