Ir al contenido principal

Santa María do Naranco

     

    A obra de Santa María do Naranco forma parte dun complexo palatino situado nas faldas do Naranco, na zona norte de Oviedo, que era a capital do reino astur. San Miguel de Lillo e Santa Cristina de Lena son as outras edificación que constitúen a corte do rei Ramiro I, que convertiuse no promotor destas obras coa finalidade de deixar constancia da grandiosidade e ostentar a corte asturiana. Non obstante, aínda que non se poda dar unha autoría á obra, pode ser que o ecleticismo que presenta sexa fruto de outros templos que estaban presentes pola zona, de forma que un arquitecto excepcional formou esta obra que representa a tremenda calidade que presenta o culmen do prerrománico español, destacando a análise dende un punto de vista técnico e artístico.

    Despois de que os pobos bárbaros sobrepasen os lindes romanos, producirase no Imperio unha fractura non só na política, senón que tamén unidade artística. Até o século XI, cando se inicia a arte románica, a primeira arte universal, non haberá unidade pola rexionalización da arte, de xeito que a riqueza dos estilos que se desenvolven en toda Europa Occidental agrúpase baixo a denominación da arte prerrománica.

    Tras a caída do reino visigodo, a maior parte do territorio peninsular estará baixo dominio musulmán, excepto un pequeno reduto na zona norte. Os cristiáns crearan nesta zona un forte núcleo de resistencia, coa corte en Oviedo, sendo unha continuación da monarquía visigoda aínda que no campo da arte moi diferenciada polo impulso dado polos monarcas.

    É unha arte palatina que non só recibe influenzas do pasado romano, senón que reciben trazos carolinxios, visigodas e musulmáns, e presentaran solucións arquitectónicas sen precendentes até que aparece a arte románica.

    É un palacio de recreo cunhas dimensións de 20 metros de largo, seis de altura, construído con sillares moi ben labrados nos muros angulares, nos arcos e nos contrafortes. Conta con dúas naves superpostas, non tres, como asemella no exterior. Estas naves están cubertas por bóvedas de toba que son recortadas lonxitudinalmente por varios arcos de faixa. O conxunto produce unha gran sensación de verticalidade, dende o seu nacemento, nun zócalo de pedra, até o cumio, o teitume a dúas augas. 

   

    No centro dos costados dos lados norte e sur sitúanse dúas portas terminadas nun arco de medio punto que dan acceso a cada unha das plantas. Mentres que no lado norte existe unha escaleira dobre que da acceso ao pórtico de entrada, da mesma altura que os muros laterais e reforzada con contrafortes, no lado sur probablemente abríase un belvedere, repetindo o esquema da porta norte pero sen a dobre escaleira. Cada un dos pórticos protexe a porta de entrada superior, que a súa vez acubilla á porta de entrada ao piso inferior inmediatamente debaixo da porta superior

    O piso inferior, erroneamente asociado como unha cripta, conta cun banco que recorre o perímetro interior de toda a estancia, que está abovedada de canón de toba reforzada cos arcos de faixa as naves laterais teñen cubertas de madeira.

    A toba é un material moi resistente e lixeiro, polo que por riba da bóveda inferior constrúese o segundo andar, que repite o esquema anterior, con dous blevederes e a gran sala central principal. Este espazo recibe o nome de Aula Rexia, e é a parte máis importante do edificio.

    O interior do piso superior presenta unha bóveda de canón de toba reforzada por máis arcos de faixa, que se corresponden no exterior cos impoñentes contrafortes. Estes arcos inician o seu percorrido dende o salmer, que descansa sobre unhas ménsulas situadas ao longo do interior dos lados maiores, a modo de liña de imposta. A ornamentación de este espazo é moi rica, como veremos máis adiante. Unha arquería cega de arcos de medio punto e lixeiramente  peraltado e descenden dende o arco central, dando unha sensación de volumetría e profundidade.

    Nos laterais do piso superior localízanse os dous belvederes ou miradoiros, que dan un aire estilizado ao conxunto e unha apreciación dun edificio completamente baleiro. A nave central accede a estas balconadas a través de tres portas alinteladas baixo arcos de medio punto. Orientados ao leste e ao oeste, presentan unhas soleadas vistas. Contan con tres arcos de medio punto frontais e en cada lateral outros dous arcos cun peralte pronunciado acubillan a outros arcos menores. Os dous miradores quedan cubertos por unha bóveda de canon reforzada por un único arco de faixa, e cabe destacar os grans vans frontais ocupados por unha arquería que semella á da sala central, xa que son arcos de medio punto que decrecen en peralte e en tamaño, sendo o central o arco máis voluminoso. O arquitecto quería crear un efecto de escenario, por iso fixo que a altura e a anchura dos arcos decrecera cara os arcos laterais.

    En canto a ornamentación da edificación, fronte ao exterior sobrio, austero e simple, o interior foi proxectado cunha gran minuciosidade na elaboración dos adornos. As columnas teñen fustes sogueados, os capiteis de pencas baseados nos corintios con motivos vexetais que lembran o seu pasado visigodo, motivos animados e outro tipo de arreglos aínda que moi esquematizados. Nas enxutas enmárcase os medallóns labrados con temas orientas, cabalos e cabaleiros. No exterior conta cunha escasa decoración, como as estrias dos contrafortes e os medallóns  dos arcos dos miradoiros.


    A ornamentación astur segue un rico programa iconográfico promovido por Ramiro I e a Igrexa, en menor medida. Trata de manifestar o prestixio do reino astur pero tamén vincular as representacións co poder da divindade, tratando de glorificar a figura da monarca. Até a chegada do románico, Santa María do Naranco é o único edificio que representa unha estrutura abovedada tan estudada e harmonizada. O sistema de contrarrestos dos contrafortes é un adianto do que será nun futuro a primeira arte universal.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

El maratón de 1904: el más aleatorio jamás visto

     Nos encontramos en 1904, año de la fundación de la FIFA; Guillermo II de Alemania grababa el primer documento político sonoro usando un fonógrafo, invento de Thomas Edison.; Comienzan los preparativos para la construcción del Canal de Panamá; entre otros muchos eventos. Sin embargo ninguno de estos fue tan "curioso" -por decirlo de algún modo- como el suceso del que vamos a hablar hoy: Los Juegos Olímpicos de San Luis 1904.     Este acontecimiento  ha pasado a la historia por ser uno de los más locos y accidentados. Debemos tener en cuenta que los Juegos Olímpicos de la era moderna acababan de estrenarse tan sólo ocho años antes.       La organización de un evento de estas características, por tanto, estaba aún dando sus primeros pasos y los responsables de la prueba de maratón cometían muchos errores. Además, las condiciones meteorológicas el día (y a la hora) de la carrera no eran las más adecuadas.      A la hora de la salida la temperatura rondaba los 33 grados. En l

Diego García de Paredes 1 (introducción)

     En la historia de España, han surgido personajes legendarios que han dejado su huella en la memoria colectiva. Uno de ellos es "El Sansón Extremeño", un hombre extraordinariamente fuerte que se convirtió en una verdadera leyenda en la Europa del siglo XV.      Conocido por su asombrosa fuerza física, su impresionante tamaño y su muy extenso curriculum ( Duelista invicto de más de 300 duelos,  capitán de la guardia personal del Papa Alejandro VI, coronel de infantería de los Reyes Católicos, cruzado del cardenal Cisneros, etc. ), este militar español dejó atónitos a propios y extraños con sus prodigios. Ante la titánica cantidad y proporción de sus hazañas, me veo obligado a dividir esta historia de su vida en X partes, siendo esta la primera de ellas.      Diego García de Paredes fue versado en la destreza militar, así como en la lectura y la escritura. Esto último era algo inusual para la gente ajena a la corte. Aún más inusual era su tamaño, pues ya de adolescente habí

Felices años 20

El concepto de los Felices Años 20 nace en los Estados Unidos de América entre 1920 y 1929 gracias al período de prosperidad económica, después de convertirse en la printipal potencia mundial al haber quedado los países europeos muy debilitados después de la Primera Guerra Mundial. Este periódo favoreció a la sociedad, pero ocultaba el gran desequilibrio que se estaba viviendo.  Los países no pudieron transformar la economía de guerra en una economía de mercado, dificultando así la recuperación del comercio y la hiperinflacción empezó a aparecer en muchas economías. No obstante, para proporcionar alguna solución, se llevó a cabo la Conferencia de Génova, en la que se estableció el oro como un valor refugio seguro y se estableció el dólar como moneda de referencia de los intercambios internacionales. Este último factor favoreció al ascenso de los EEUU a la cabeza de las potencias mundiales. En la agricultura se empezó a usar técnicas descubiertas gracias a la Segunda Revolución Industri