A obra de Santa María do Naranco forma parte dun complexo palatino situado nas faldas do Naranco, na zona norte de Oviedo, que era a capital do reino astur. San Miguel de Lillo e Santa Cristina de Lena son as outras edificación que constitúen a corte do rei Ramiro I, que convertiuse no promotor destas obras coa finalidade de deixar constancia da grandiosidade e ostentar a corte asturiana. Non obstante, aínda que non se poda dar unha autoría á obra, pode ser que o ecleticismo que presenta sexa fruto de outros templos que estaban presentes pola zona, de forma que un arquitecto excepcional formou esta obra que representa a tremenda calidade que presenta o culmen do prerrománico español, destacando a análise dende un punto de vista técnico e artístico. Despois de que os pobos bárbaros sobrepasen os lindes romanos, producirase no Imperio unha fractura non só na política, senón que tamén unidade artística. Até o século XI, cando se inicia a arte románica, a primeira arte un
Iago Pereira López